© 2019 por Maricarmen Tapia y María José Piñeira

  • Facebook Basic
  • Twitter Basic

“El equipo más
 profesional con el que he trabajado. Son los mejores”.

Karen Gómez

​Mulleres no territorio é un grupo de mulleres profesionais que traballan no estudo, xestión e planificación territorial e urbana.

O noso punto de partida e obxectivo é a declaración de compromiso do 1 marzo de 2019 á que convidamos a distintas colegas a adherirse.

Mulleres no Territorio

Declaración de compromiso

 

Están a matarnos.


En pleno século XXI, as mulleres seguimos sendo vítimas de violencia e obxecto de discriminación.

Fronte a esta realidade e ante as crecentes mobilizacións en defensa da igualdade de dereitos das mulleres, queremos sumarnos desde o noso campo e contribuír a este cambio de mentalidade.

Aínda que houbo avances no desenvolvemento de temas de coidado, dependencia e seguridade das mulleres na cidade, queremos apuntar a un cambio estrutural, revisando os factores de localización, usos e significados que condicionan a organización espacial do territorio.

Formamos parte do territorio, vivímolo e, por conseguinte, reflexionamos sobre el.

Entendemos que as estratexias territoriais deben incluír a equidade e a xustiza ambiental, a igualdade de xénero e a erradicación da pobreza como obxectivos fundamentais.

Comprometémonos, como mulleres, a comezar unha reflexión empírica e técnica desde o territorio e as súas formas de habitalo, para incorporar contidos, detectar barreiras e analizar casos, co fin de comprender factores e relacións do complexo armazón que naturaliza e reproduce a nosa discriminación e que estrutura o territorio a todos os niveis de escala.

Queremos intervir activamente na elaboración de políticas que favorezan a transformación social e territorial de acordo cos principios de sustentabilidade e xestión responsable.

Achegamos os nosos coñecementos como profesionais e investigadoras para iniciar un pensamento propio como mulleres. Cremos que é necesario participar, desde cada esfera, desde cada coñecemento, desde cada práctica, na construción dun territorio cohesionado, inclusivo e xusto.

Marzo 2019

Adhesión ao compromiso

Somos moitas as que xa firmarmos. Feliz 8 de Marzo!

  1. María José Piñeira- Santiago de Compostela- Xeógrafa

  2. Maricarmen Tapia- A Coruña- Arquitecta urbanista

  3. María Cruz Santos- Barcelona- Xubilada

  4. Rosa Méndez Fonte- Ferrol- Investigación e docencia

  5. Carmen Andrade Lara- Santiago de Chile- Socióloga

  6. Cristina García Fontán- Santiago de Compostela- Arquitecta

  7. Teresa Bonilla- Madrid- Arquitecta

  8. Jenniffer Thiers Quintana- Barcelona- Investigadora e consultora

  9. Daniela Martínez- Santiago de Chile- Arquitecta

  10. Maria Consuelo Carballal Balsa- Ferrol- Enfermeira E. Sm e psicóloga

  11. Giovanna Gonzalez- Lisboa- Urbanista

  12. Jimena Varela Rodríguez- Vigo- Consultora

  13. Mª Ángeles Piñeiro Antelo- Santiago de Compostela- Xeógrafa

  14. Maria Lucia Pires Menezes – Rio de Janeiro- Profesora

  15. Montserrat Iglesias Pérez- Santiago de Compostela- Xeógrafa

  16. Soledad Bengoechea Echaondo- Barcelona- Historiadora

  17. Carmen Mínguez – Madrid- Xeógrafa

  18. Ana M. Sánchez Espiñeira – Vigo- Socióloga

  19. Andrea Paz Ramírez Sánchez – Santiago- Estudante de Arquitectura

  20. Maria Teresa Orduña Domingo – A Coruña- Economista

  21. Lilliana Fracasso – Bogotá- Docente

  22. Inês Gusman – Santiago de Compostela- investigadora pre-doutoral

  23. Carmen Bellet Sanfeliu – Lleida- Geógrafa- Profesora de Universidade

  24. Lake Sagaris – Santiago de Chile- Planificación Colaborativa

  25. Macarena Almonacid Burgos – Arquitecta

  26. Rocío Andrade Castro – Santiago de Chile- Arquitecta

  27. Ana Sugranyes – Santiago de Chile- Defensora de Dereitos Humanos

  28. Bárbara Córdoba H.- Santiago de Chile- Arquitecta

  29. Maria Angeles Dominguez Mujica – Las Palmas de Gran Canaria- Xeógrafa - Catedrática de Universidade

  30. Maria da Paz de Jesus Rodrigues – Muritiba- Bahia (Brasil) Geógrafa-Profesora de Universidade.

  31. Oriana Araujo – Feira de Santana (Brasil)- Geógrafa-Professora de Universidad.

  32. Isabel Serra – Santiago de Chile- Arquitecta

  33. Gemma Canoves Valiente- Barcelona- Catedrática en Xeógrafa

  34. Rocío Romar Roel- A Coruña- Profesora

  35. Irene Escorihuela Blasco- Barcelona- Directora Observatorio DESC

  36. Angela Maria Endlich – Maringá – Docente

  37. Jeannette Sandoval Caro – Talca- Terapeuta de Fala e linguaxe

  38. Carolina Ruz Ibañez – Santiago de Chile- Socióloga

  39. Ximena Amarilla – Encarnación Paraguay- Arquitecta urbanista

  40. Laura Pedrajas – Málaga- Profesora

  41. Elena Stephens Contreras – Santiago de Chile- Xestora Cultural

  42. Tarcyla Fidalgo Ribeiro – Rio de Janeiro- Profesora

  43. María Romar Gómez – A Coruña- Xeógrafa

  44. María García-Hernández – Madrid- Xeógrafa Profesora Universidade

  45. Macia Blazquez Salon – Palma de Mallorca- Xeógrafo Profesor Universidade

  46. Lucrezia Lopez- Santiago de Compostela- Profesora

  47. Estrella Candelaria Cruz Mazo – Sevilla- Geógrafa Profesora Universidad

  48. Letícia de Carvalho Giannella – Rio de Janeiro- Pesquisadora e professora

  49. Libertad Troitiño Torralba – Madrid- Profesora Universidad

  50. Eva Garcia Chueca – Barcelona- Investigadora sénior

  51. Pilar Taboada-de-Zúñiga Romero – Santiago de Compostela- Doctora/ Gerenta de Cursos Internacionales de la USC

  52. Irene Sánchez Ondoño – Albacete- Estudiante

  53. María Zúñiga Antón- Zaragoza- Geógrafa, Presidenta del Colegio de Geógrafos

  54. Stephanía Martínez Ruiz - Bogotá- Geógrafa

  55. Fabiola Cordovil - Maringá- Professora Arquitetura y Urbanismo

  56. María Elena Ducci - Santiago de Chile- Doctora en urbanismo

  57. Gladys Gómez Elgueta - Santiago de Chile- Trabajadora social

  58. Vanessa Vieira - Feira de Santana- Profesora Geógrafa

  59. Patricia Corvalan Castañeda - Santiago de Chile- Arquitecta

  60. Ana Carrera Duque- Barcelona- Profesora

  61. Laura Pedrajas – Málaga- Profesora

  62. Gloria Fernández-Mayoralas – Madrid- Xeógrafa

  63. Lorena Gallardo Peralta – Madrid- Traballadora Social

  64. Pelagia Rodriguez- Los Condes- Arquitecta

  65. M. João Forjaz – Madrid- Científica Titular

  66. Sagrario Garay Villegas – Monterrey- Profesora

  67. Victoria Gómez García – Madrid- Socióloga Profesora de Universidade

  68. Veronica Zenaida Montes De Oca Zavala – Coyoacán- Académico

  69. Nancy Lysvet Flores Castillo – México- Socióloga

  70. Gema Menéndez González- Santander- Geógrafa

  71. Marta Gallardo- Murcia- Geógrafa

  72. María Xosé Rodríguez Galdo – Santiago de Compostela- Profesora de Universidade

  73. Elena Azcárraga - Valencia- Arquitecta urbanista e paisaxista

  74. Isabel Pérez Corralejo - Huelva- Licenciada en DereitoTécnico Municipal

  75. Ana Karen Galicia Galicia - Planificadora Territorial de CDMX