© 2019 por Maricarmen Tapia y María José Piñeira

  • Facebook Basic
  • Twitter Basic

Reflexionamos sobre a muller no territorio  a través de materiais gráficos nos que se pon en relevo algúns aspectos estruturais de discriminación e invisibilización das mulleres nas nosas contornas de vida e practicas habituais.

She Figures

Publicouse en marzo deste ano o informe "She Figures 2018"  da Comisión Europea, que analiza o estado de igualdade de xénero no ámbito da investigación e a innovación en Europa. O estudo publícase cada tres anos e presenta unha visión xeral través de indicadores para examinar o impacto e a eficacia das políticas implementadas nesta área.

Para máis información https://ec.europa.eu/info/publications/she-figures-2018_en

Con este vídeo queremos facer evidente a falla de referencias das mulleres na cidade. O nome das prazas é só un exemplo, trasladable a nomes de avenidas, estacións de metro e outros espazos públicos na cidade. Tamén nos interesa destacar cando se fala de muller, de que tipo de muller fálase e a valoración ou non das mulleres que formamos parte da construción e vida das nosas cidades.

A muller na cidade

A discusión en torno ao envellecemento da poboación, cae reiterativamente na responsabilidade das mulleres a ter descendencia. Esta visión reduccionista, xunto con impor un rol ás mulleres de "reprodutoras", o abstrae da responsabilidade social en canto a xerar as condicións adecuadas para que as familias poidan efectivamente ter fillos, sen que iso afecte a estabilidade económica e a posibilidade de compartir os roles de coidado dos nenos e nenas.

Población, reprodución e roles

As mulleres temos unha activa participación na creación de coñecemento, non obstante os cargos importantes e públicos son dos homes. A discriminación ao traballo realizado por mulleres é "espontáneo" por homes e mulleres, baseado en múltiples construcións negativas da muller e as súas capacidades.

Transferencia e invisibilización do coñecemento

Galería de imágenes